Concelleira e socorristas no primeiro día do servizo de socorrismo nas praias de Marín.

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, achegouse hoxe ata a Praia de Mogor para recibir ao persoal de salvamento que velará pola seguridade nos areais

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, acudiu hoxe ata a Praia de Mogor para darlle a benvida aos socorristas que velarán pola seguridade nos areais durante toda a tempada estival.

Este servizo está contratado para os próximos anos a través dunha licitación que se impulsou o pasado ano. A empresa adxudicataria pon nas praias a 14 socorristas repartidos polos distintos areias, segundo as necesidades de cada un; 3 auxiliares de información e primeiros auxilios e 1 persoa coordinadora. O seu horario será de luns a domingo, de 12.00 a 20.00 horas, repartidos en quendas.

Ademais, Acuña adiantou que este ano se duplicou o número de desfibriladores, o que garante aínda máis a seguridade nas praias.

En total, a concelleira lembra que neste servizo invístense 725.437 euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *