A cita, aberta a toda a cidadanía, será este xoves ás 10.30 horas no Concello dentro do programa “A Administración preto de ti”
O salón de plenos do Concello de Vilaboa acollerá este xoves día 29, ás 10.30 da mañán, una sesión formativa impartida por funcionarios da Subdelegación do Goberno que prestan servizo nas oficinas de información e atención ao cidadán dentro da campaña “A administración preto de ti”-
Trátase dun ciclo orientado a municipios de menos de 8.000 habitantes no que o contido se centra básicamente en axudar aos asistentes o xeito de facerse cun certificado dixital ou o acceso á Cl@ve Permanente e utilizalos para xestións cotidiáns, como a tramitación ou solicitude de pensións, prestacións de Seguridade Social, xestións coa Dirección Xeral de Tráfico, o SEPE, IMSERSO ou Catastro, servizos dispoñibles nas sedes electrónicas dos organismos e departamentos ministeriais en materia de Extranxería, Xustiza, homologación e convalidación de estudos, entre outros.
As persoas formadoras facilítanlle a maiores información máis transversal sobre a carpeta cidadán do Punto de Acceso Xeral da Administración Xeral do Estado (AGE), a Dirección Electrónica Habilitada Única (DEHú) ou o Rexistro Electrónico Común.
Trátase dunha iniciativa que busca achegar a administración aos cidadáns e promover o uso dos certificados dixitais o que supón ademáis un avance na alfabetización dixital da poboación.
Para César Poza “trátase de acercar a Administración á cidadanía para fortalecer a cohesión social e territorial, combatir a brecha dixital e reforzar a igualdade de oportunidades, facendo unha administración máis útil e cercana”.