A alcaldesa, María Ramallo, firmou un convenio coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, que fará posible adquirir elementos materiais técnicos e escénicos precisos para acoller eventos de envergadura
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, anunciou a firma dun convenio coa 250.000 euros en equipamento técnico e escénico para o futuro Auditorio. Tal e como explica a rexedora, “temos que equipar o noso Auditorio de tal forma que se permita despois ofrecer unha oferta escénica adecuada e que cumpra con todo o preciso para formar parte da Rede de Auditorios de Galicia, xestionada pola AGADIC, e que nos permitirá sumarnos a todo o seu catálogo escénico, que inclúe as mellores producións teatrais de Galicia”.
O Auditorio será unha infraestrutura clave para enriquecer a vida cultural, artística e social de Marín, con 550 butacas distribuídas en dous niveis e cun sistema divisorio que permitirá empregar o espazo segundo as necesidades. “Pero temos que ter en conta que a calidade do sol, a iluminación, a proxección visual… e o resto de elementos que entraña unha actividade escénica deben ser de calidade, xa que son elementos fundamentais para que o público poida gozar dunha experiencia completa”, indicou Ramallo.
Ademais diso, o equipamento permitirá aumentar a competitividade cultural de Marín, puidendo atraer actuacións de renomen e eventos de maior escala, para os que é preciso cumplir unha serie de requisitos técnicos.
Isto tamén permitirá incorporar á futura programación novos xéneros e espectáculos, desde a música ao teatro, pasando pola danza ou por outros eventos multidisciplinares. E, por suposto, permitiré ao mundo artístico local desenvolver a súa traxectoria e proposta artística coas mellores calidades no seu propio municipio. Ademais, a longo prazo, cun bo equipamento redúcense os custos de mantemento e garántese a eficiencia enerxética.
Por partidas, destinaranse máis de 11.200 euros á partida de son, algo máis de 42.550 euros á de iluminación, case 169.000 euros á cámara negra e uns 11.000 euros a maiores noutros recursos técnicos.