Obras en la rúa da Ponte de Marín.

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, realizou unha visita de obra acompañada polo persoal técnico da Xunta de Galicia, administración que executa os traballos, así como do concelleiro Pablo Novas e do enxeñeiro municipal

A alcaldesa de Marín acudiu a facer unha visita de obra ata a Rúa da Ponte, acompañada polo persoal técnico da Xunta de Galicia, administración que financia esta actuación, así como do concelleiro Pablo Novas e do enxeñeiro municipal.

Estes traballos, que están a ser executados pola empresa ORESA, son unha continuación da mellora da mobilidade e do espazo urbano que se vén facendo desde Concepción Arenal, ao longo de toda a PO-546, que é unha vía de titularidade autonómica que, ao remate destas obras, pasará a ser municipal.

A filosofía que segue a actuación é a de tratar de renovar as rúas máis céntricas da localidade, tratando de conxeniar unha mobilidade máis accesible e segura para o tránsito peonil co tráfico rodado. No caso da Rúa da Ponte, mellorarase o ancho das beirarrúas onde sexa posible e actuarase especialmente nos entronques cos pasos de peóns. A liña de estacionamento, que se manterá no lado no que se atopa na actualidade, elevarase á mesma altura da beirarrúa.

Por outro lado, renovarase todo o pavimento, que aínda que hai uns meses foi obxecto dunha pequena actuación de parcheo e posta a punto dos espazos máis degradados, precisa dunha actuación integral para que estea en perfecto estado e garanta a seguridade vial.

A inversión total que está a realizar a Xunta de Galicia neste proxecto global é de máis de 1 millóns de euros, que se suman á inversión realizada hai uns anos na outra parte de Concepción Arenal, a que entronca coa vila pontevedresa e ata a Rotonda das Anclas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *