A Federación de ANPAS de Cangas «A Gameliña» convida aos veciños o venres 29 de novembro, ás 18:00 horas na Sala de exposicións do Auditorio de Cangas a un espectáculo familiar: Estrafalaria de Xarope Tulu.

Este espectáculo combina a narración oral coa manipulación de obxectos e onde o público participa activamente do relato. Os personaxes que interveñen na historia caracterízanse pola súa peculiaridade e levan a diferenza como bandeira. Unha proposta para entender que a diversidade é enriquecedora e imprescindible para vivir nun mundo onde predomine a tolerancia, a solidariedade e a convivencia. Un mundo no que as mulleres poidamos ser nós mesmas a cada momento.

A Federación de ANPAs de centros públicos A Gameliña realiza estas actividades o aveiro da «Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *