A actuación permitirá mellorar as instalacións para modernizalas e facelas máis amables para as persoas usuarias. Mellorarase tamén a eficiencia enerxéctica e resolveranse problemas de accesibilidade
A Xunta de Goberno Local do Concello de Marín deu luz verde á licenza de obra para que a Xunta de Galicia poida licitar as obras de remodelación da Residencia de Maiores da nosa vila, un proxecto que está incluído nos Orzamentos autonómicos do próximo ano e que suporá unha inversión de 1,2 millóns de euros.
Os principais obxectivos do proxecto son levar adiante a adaptación das zonas propiamente residenciais do centro a un novo modelo residencial, así como a implantación de actuacións encomendadas á mellora da eficiencia enerxética do edificio, outras puntuais e concretas da mellora das actuais condicións de accesibilidadade a certas zonas, e outras menores propias de tarefas de mantemento e conservación.
En resumo, o que se busca é mellorar o centro, tanto a nivel do programa residencial como da eficiencia e a accesibilidade do edificio, sen afectar ao día a día das persoas residentes e sen engadir novos espazos edificados.
O outorgamento da licenza, despois de que o proxecto conte co informe favorable da arquitecta municipal, contempla que o inicio das obras terá o prazo dun ano e estas poderán rematarse nunha horquilla de tres anos.