Esta fin de semana, volve a Marín o Xaxán Bike, organizado polo club XSM e que reunirá en total a cerca de 600 deportistas.
A ciclista Irene Trabazo, o concelleiro Antonio Caíña e Óscar Sánchez, da Federación Galega de ciclismo, presentaron o evento, que arrancará o sábado coa Mini BTT e seguirá coa final da Copa Galicia XCO, de onde sairá a persoa gañadora desta temporada.
O domingo, será o turno da MiniDH, para os máis pequenos da casa.