Praia de Aguete, en Marín.

O Concello de Marín segue no camiño de poñer a punto todos os servizos nos areais para que durante a época e bo tempo poida disfrutarse deles a todos os niveis. Neste sentido, vén de publicarse a contratación para explotar o quiosco da praia de Aguete durante este 2024, desde este mesmo mes de maio que está a punto de arrincar ata o 30 de setembro.

Tal e como se pode ler nos pregos, que xa están dispoñibles no Perfil do Contratante, o quiosco conta con 8 metros cadrados e terraza de 19 metros cadrados e sae a licitación cun canon mínimo de 1.080 euros, que poderá ser mellorado á alza polos licitadores. Debera aboarse nun único pago, nos 10 días
hábiles seguintes á adxudicación.

A valoración das ofertas será precisamente a oferta máis vantaxosa (ata 90 puntos), deixando os outros 10 puntos para valorar criterios medioambientales, como o compromiso de reutilización e/ou reciclado de envases, a correcta xestión de residuos en fraccións separadas… Ademais, fóra do período da adxudicación, será obligatorio para a persoa responsable da explotación do quiosco de que a
zona na que se emplaza quede en perfecto estado e completamente desocupada.

Haberá 15 días naturais para a presentación de ofertas, puidendo facelo a través do seguinte enlace:
https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink%3Adetalle_licitacion&idEvl =YVQkOJSsVT2S81gZFETWmA%3D%3D

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *