A reunión entre as comparsas e o Concello de Moaña terminou. As agrupacións do Entroido moañés decidiron, segundo o concelleiro de Cultura, Xosé Daniel Costas, celebrar o Enterro da Sardiña o sábado 17 pola noite, aínda que de momento non se concretou horario. Si se explica desde o goberno local que a Sardiña será posterior á Xoubiña e que haberá un tempo entre ambas. Isto conlevará refacer a programación para ir cadrando as diferentes actividades que xa estaban programadas antes de que se convocasen as eleccións autonómicas para o 18 de febreiro. Motivo polo cal se tivo que levar a cabo este reaxuste.

As comparsas tomaron esta determinación, que estaba entre as diferentes posibilidades que se barallaban para encaixar a reestruturación cultural do Entroido, despois de que onte as Anpas optasen por manter o seu desfile para o sábado 17 ás 16:30 horas e rexeitasen a alternativa de facelo conxuntamente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *