As Súas Maxestades farán un saúdo oficial desde o balcón do Concello ás 18.00 horas. Despois irán ata Nodosa, onde se subirán ás carrozas que farán o percorrido habitual, rematando no Parque Eguren, no Templo Novo, onde se fará o Belén Vivinte
A maxia dos Reis Magos chegará o día 5 ás rúas de Marín coa Gran Cabalgata Real, na que participarán máis de 200 nenos e nenas, repartidos en cinco carrozas que percorrerán a vila. Este ano, as Súas Maxestades sairán ao balcón do Concello ás 18.00 horas para saúdar a toda a veciñanza e de alí ser acompañados pola alcaldesa, María Ramallo, ata os coches oficiais, que os levarán ata Nodosa, onde se subirán ás carrozas para arrancar a Cabalgata, que sairá en torno ás 18.20 horas.
Despois do percorrido, acabarase no Templo Novo do Parque Eguren onde se fará a representación do Belén Vivinte a cargo da Asociación Os da Caña, quenes foron este ano os encargados de inaugurar o Nadal no gran acendido das luces. No caso de chuvia, non haberá cabalgata, senón que se reducirán as actividades á recepción dos Reis Magos polo Belén Vivinte.
Programación completa do día 5
12.00h. ANIMACIÓN INFANTIL. Alameda.
16.30h. FESTIVAL DE REIS en Ardán. Casa de Cultura de Carballido-Ardán.
18.00h. As Súas Maxestades saudarán desde o balcón do Concello.
18.20h. GRAN CABALGATA DE REIS. Percorrido habitual. Ao rematar, BELÉN
VIVINTE, organizado pola Asociación Os da Caña e o Concello de Marín. Igrexa Nova.
20.00h. SORTEO da Feira de Artesanía de Nadal. Alameda.