Abastecementos, asfaltados, muros de contención e a reforma do centro social de O Picho dinamizan o proxecto de César Poza para transformar Vilaboa
O goberno local de Vilaboa comeza o ano 2024 con obras en marcha por un valor superior ao millón de euros entre as que se inclúe a ambiciosa reforma do centro social de O Picho, adxudicada este mes de decembro tras sair a licitación por 643.268 euros; a dotación de saneamento e reasfaltado de varias pistas
en Bértola, Figueirido e Santa Cristina; o levantamento de muros que facilitan gañar espazos públicos como na Lufiña ou a construcción dun pontón en Sabaxáns para evitar que o caudal dun regato poña en risco o tráfico rodado nunha estrada local e facilite o tránsito da auga por debaixo do vial.
“A obra aparentemente máis ambiciosa é a construcción dun centro para o día a día da terceira idade no Picho, cun orzamento que ronda o medio millón de euros; pero para mellorar a vida cotidiana da poboación das parroquias a dotación de saneamento e a canalización das pluviais son obras básicas que non descoidamos e sobre as que nos puxemos a traballar nada máis rematar o verán”, apunta César Poza.
Mentras que as obras recén adxudicadas comezarán a executarse tralo descanso da construcción durante as datas de Nadal, outros traballos están xa en marcha como a ampliación da rede de saneamento en Amproa (Bértola), que rematará co repavimentado do vial e a correspondente sinalización; estes traballos continúan tamén en Outeiro e Bértola cun investimento conxunto que supera amplamente os 200.000 euros.
Nos últimos días adxudicaronse tamén as tarefas de reasfaltado da pista que une Gandarela con Casfalcón, en Figueirido, para reforzar a canalización das pluviais e mellorar un firme que se encontra nun avanzado estado de deterioro (25.374 euros).
No lugar de Acuña, en Santa Cristina, están en marcha diversas obras de saneamento e reasfaltado de pistas interiores, nas que os proxectos inclúen a dotación de taxeas que canalicen as augas pluviais cara regatos cercanos evitando a súa erosión sobre o asfalto, con humanización do entorno, por un importe de 283.917 euros e o reasfaltado da pista de Outeiro a Santa Cristina por 49.327 euros. No lugar de Lufiña a construcción dun muro de contención permite ao Concello a recuperación dun espazo público seguro coa humanización dun entorno que se completará coa instalación dunha barandilla e unha bancada perimetral. “En todos os lugares nos que é posible creamos espazos sociais, de encontro entre a veciñanza; nos que recuperar esa vella costume do rural de pararse a falar, a compartir”, apunta César Poza. Nesta mesma parroquia o Concello acaba de adxudicar o saneamento e reasfaltado da pista da
Cardiña por un importe de 149.197 euros.
“Temos en marcha unha profunda transformación de Vilaboa. Sabemos que quedan moitas pistas por asfaltar e moitos lugares que ainda carecen de servizos básicos pero avanzamos porque temos un proxecto moi claro para o noso municipio e non hai tempo que perder”, insiste o alcalde de Vilaboa. Ás obras xa mencionadas hai que engadir a senda peonil á igrexa de Figueirido, coa realización de muros de contención e canalización das augas pluviais ata a súa chegada ao cemiterio, donde remata co adoquinado de todo o entorno convertendo a área na que está o cruceiro nunha praza ou punto de encontro con prioridade peonil.