A Policía Autonómica detectou que carecían de etiquetas de trazabilidade, factura de compra ou calquera outra documentación que acreditase a súa procedencia
A Policía Autonómica comisou a pasada semana máis de 18 quilos de produtos do mar no porto de Cangas, ao carecer de etiquetas de trazabilidade, factura de compra ou calquera outra documentación que acreditase a súa procedencia.
Esta actuación enmarcouse nun dispositivo de control efectuado polos axentes da sede de Pontevedra para comprobar a trazabilidade do produtos que se comercializan no porto de Cangas.
Despois de realizar varias inspeccións, comisaron máis de 18 quilos de produtos
como centolas, raia ou chocos.
Os axentes levantaron 4 actas por infraccións á Lei de Pesca de Galicia e entregaron o produto comisado ao Banco de Alimentos. As centolas, que aínda estaban vivas, foron devoltas ao mar.