O Concello de Vilaboa aproveitará o excedente de especies arbóreas da Estación Fitopatolóxica do Areeiro para enriquecer botánicamente o parque público Poeta Xosé María Álvarez Cáccamo, tamén coñecido como Parque de Riomaior que está bordeado polo río Maior, límite natural das parroquias de Santa Cristina e San Andrés de Cobres.
O parque no que se prantarán as especies ofrecidas pola Deputación de Pontevedra atópase á beira do ZEC Enseada de San Simón, pertencente á Rede Natura 2000 e ao seu carón está o CEP de Riomaior, o que supón un aliciente máis xa que a prantación pode aportar un valor formativo ao alumnado.
O Concello de Vilaboa escolleu dez especies diferentes para a súa prantación no parque atendendo a criterios como a representatividade da súa rexión de orixe, o estado de conservación, singularidade, rareza, variación cromática estacional, importancia cultural e representatividade dos continentes.
Así, no Parque de Riomaior poderase disfrutar en breve de exemplares de acer palmatum, araucaria angustifolia, cornus capitata, cyathea cooperi, erythrina crista-galli, Liquidambar styraciflua, melaleuca styphelioides, picea abie, thuja plicata, woodwardia radicans y woodwardia radicans.