As contas da Mancomunidade do Morrazo para este ano por valor de 4,12 millóns de euros xa deron o seu primeiro paso importante, quedaron aprobadas inicialmente a falta da súa ratificación nunha segunda asemblea. A Casa do Mar de Bueu acolleu onte pola tarde a votación, na que se recolleron 23 votos a favor e os 7 en contra do Partido Popular de Cangas, Moaña e Bueu, que xustificaron a súa postura posicionándose en contra de pagar informes para a remunicipalización do servizo de lixo e apuntaron a que o que se quere é dar unha nova prórroga á actual empresa. Cuestión que a propia presidenta da Mancomunidade e alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, negou asegurando que se trata dunha «contrato ponte» que permita á institución supramunicipal estar a punto para ofrecer un servizo en boas condicións. Ademais, Santos asegurou que «si ou si non se ía a prorrogar o contrato» con Urbasser.
A Asemblea, que durou apenas media hora, tamén deu o visto e bo á modificación da ordenanza para a bonificación do primeiro semestre de 2022 da taxa do lixo aos mesmos establecementos que en 2021 máis afectados polos peches da pandemia. Neste caso a iniciativa si obtivo todos os votos dos presentes e aprobouse por unanimidade. Do mesmo xeito que o terceiro punto, solicitar a Sogama reducir o prezo que a Mancomunidade págalle polo tratamento de cada tonelada de lixo alegando que o ente supramunicipal xa asume os custos da planta da Portela, xunto ao polígono de Castiñeiras.