O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, o nivel alto de restricións para os concellos de Sarria, Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.
Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Culleredo, Ribadavia, Ourense, Barbadás, Caldas de Reis, Poio, Pontevedra, Marín, Redondela e Salceda de Caselas.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo, incluido Vilaboa que baixa do medio ao medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 10 de xullo.
¿Qué restricións supón o nivel medio?
As principais son recomendación de grupos de seis persoas como máximo en espazos pechados e quince persoas como máximo en espazos ao aire libre, agás que se trate de conviventes.
Establecementos de hostalaría e restauración: Interior 30%: Terrazas: 50%.