Avante! pedirá no próximo pleno, a través dunha moción, a reprobación dunha parte do goberno e a dimisión da outra pola «aberración» ocorrida na praia de Rodeira, algo que considera «moi grave» e polo que «deben derivarse responsabilidades políticas».
Concretamente, propoñerá a reprobación dos edís de ACE por ser «coñecedores dos feitos antes de que se fixesen». Á edil de Servizos, Aurora Prieto, responsabilízaa de utilizar a autorización para a limpeza manual dás praias, que anualmente expide o Servizo de Costas ao Concello, para tratar de xustificar a legalidade da actuación. A Mariano Abalo, concelleiro de Facenda, por asignar e autorizar os fondos necesarios para a obra e á alcaldesa, Victoria Portas, por ser responsable subsidiaria e permitir a execución dos traballos.
En canto ás áreas socialistas, piden a dimisión de Eugenio González, concelleiro de Deportes, por ser o responsable da localización do torneo de balonmán praia en Rodeira; a da edil de Medio Ambiente, Pilar Nogueira, sobre a que recae a obrigación de supervisar a actuación e de conservar o meido natural dentro do goberno. Tamén a da edil de Obras, Ingrid Loredana, por ser a titular do material da realización das obras. En principio, só se salvaría da dimisión nesta proposta de Avante! a concelleira de Participación Cidadá, entre outras áreas, o socialista Sagrario Martínez.
Consideran que «o acontecido volve a evidenciar a actuación irresponsable, improvisada e irreflexiva deste goberno municipal».