Despois de máis de 4 anos coa Dora do «Bichero» como imaxe do merchandising de ADICAM, a asociación cambia de imaxe grazas ao ilustrador galego Leandro Lamas. A forza rapazas de Luis Davila deixa paso a unha fermosa imaxe do ilustrador que quere referirse á unión entre amigos, a necesidade de socializar, de xuntarnos, de volver ao contacto físico coa nosa xente e a ilusión de que pronto seremos capaz de pagalo.
Para a presentación das novas camisetas e sudadeiras, Adicam contou coa imaxe e o carácter comprometido dos instagramers máis coñecidos do Morrazo, Hugo Pérez Cabaleiro e Lara Tronti, participantes da «Illa das Tentacións» e que non dubidaron por un segundo en colaborar coa asociación cando recibiron a chamada.
A partir deste venres 16 de xullo sairán á venda tanto as camisetas coma as sudaderas. Esta presentación, segundo Adicam, é un «sopro de aire fresco despois de ano e medio con continuas limitacións non só nas actividades de Adicam senón tamén en eventos de recadación de fondos e mesas informativas e promocionais».