O Goberno Municipal de Moaña continua co procedemento administrativo para conseguir que o centro de saúde de Moaña sexa unha realidade o máis pronto posible.
Neste caso, vén de publicar na plataforma de contratación pública o procedemento de licitación para a contratación das obras de urbanización. Isto permitirá que as empresas que queiran optar á execución da obra xa poden presentar as súas ofertas económicas.
O proxecto de urbanización execútase cun financiamento procedente da Deputación de Pontevedra e de fondos propios do Concello. A Administración provincial poñerá o 46,80 por cento a través do Plan Concellos (113.136,76 euros) e o 53 por cento sairá das arcas moañesas, 128.608,45 euros.
A posibilidade de asumir inicialmente o propio concello o 100% do custe da obra de urbanización débese ao sistema de desenvolvemento elixido, o de Cooperación, que tal como se recolle na Lei do Solo, permite esta posibilidade. Unha vez rematada a urbanización e recepcionada, cada propietario do ámbito asumirá a súa parte do custe en función da porcentaxe que posúan dentro do mesmo.
Obras a executar
As obras de urbanización consisten básicamente na apertura dun vial de dirección única de 146,50 metros de longo e 12 metros de ancho que comunica as rúas Sisalde e Rosalía de Castro. Tamén se ordenará a zona verde prevista no PERI.
As beirarrúas son de 2 e 2,80 metros de ancho e a calzada terá 5 metros de ancho e haberá unha liña de aparcamentos, 44 prazas en total, dunhas medidas de 2,20×4,80 metros, salvo a adaptada. Construiranse con formigón visto e granito.
En canto ás instalacións, colocansense os imbornales necesarios para evacuar a auga da calzada, ampliarase a rede de auga na marxe dereita, colocando unha tubaxe de PE110 onde se engancharán as novas bocas de rega e hidrantes, colocados segundo normativa. Tamén instalaranse farois de iluminación de calzada no lado das edificacións e de iluminación peonil na zona do paseo para realizar unha iluminación homoxénea tanto na zona peonil como no viario.