Veciños reunidos coa Alcaldesa na zona da PO-551 en peor estado, a Porta do Sol.

O Concello de Moaña, a través dunha carta enviada á Xunta, reclama á Administración autonómica o arranxo das beirarrúas da estrada autonómica PO-551 ao seu paso polo término municipal da localidade. Coma xa veñen denunciando, presentan danos e deterioros importantes que están afectando aos nosos veciños e veciñas dificultando o tránsito peonil pola citada estrada, como así se recolle en diferentes informes realizados pola Policía Local.

No escrito, detallan os puntos en peor estado situados entre os Pk. 30.700 (Curva da Cerradiña) e pk. 33.000 (Estación de Servizo/Gasolineira):
1. Á altura do nº. 22 de Calvar hai que borrar novamente o paso de peóns.
2. Maleza que invade as beirarrúas entre os pk 32.600 e 33.200 e 31 e 31.200
3. Beirarrúa con losetas rotas e firme afundido a carón de Palmás 78. PK 31.600.
4. Beirarrúa afundida con losetas rotas Pk. 32.000
5. Faltan grupo de losetas en beirarrúa PK. 28.700.
6. Sumideiros sen rexillas

Tamén deficiencias na estrada PO-551 entre os PK. 26.00 e PK. 28.70 :

1. Beirarrúa afundida pk 27.350.
2. Silvas e beirarrúa rota no cruce do pk 27.400.
3. Beirarrúa afundida en Porta do Sol nº. 104.
4. Beirarrúa afundida en Porta do Sol nº. 17.
5. Beirarrúa afundida en Caiagua fronte os nº. 29 ao 31

Dende o Concello demandan que «tendo en conta os antecedentes anteriormente descritos», se solucionen as incidencias trasladadas «para garantir unha mobilidade segura dos veciños e veciñas de Moaña por esta estrada autonómica».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *