Desde que o pasado luns 11 de outubro comezase a funcionar o Programa de Bonos Moaña Consome Local xa se han expedido 1.402 tarxetas virtuais. Tarxetas que se poderán utilizar nos 51 establecementos comerciais rexistrados e coas que o consumidor se beneficiará de descontos do 30 por cento nas súas compras. É dicir, de cada 10 euros gastados, 3 serán abonados polo Concello. Ata o momento, nestes catro días o importe bonificado xa alcanzou os 14.431,32 euros, o 14 por cento, nas 688 operacións realizadas por un importe total de 54.997,83 euros.

Para a concelleira de Promoción Económica de Moaña, Coral Ríos, foi un arranque «tranquilo» ao coincidir coa ponte do Pilar pero «os establecementos están moi contentos» debido a que «están a ter movemento nun mes teoricamente malo». «Esperamos que esta fin de semana teña unha boa subida ao sumarse tamén os salóns de peiteado», agarda Ríos.

O Concello de Moaña destina a este Programa de Bonos Moaña Consome Local que xestiona Fecimo un total de 100.000 e que tras o seu consumo total se convirtirán en máis de 300.000 euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *