Un total de 67 establecementos de Moaña afectados polos peches obligatorios da pandemia recibirán axudas directas de 1.492,53 euros grazas ao programa Reactiva Moaña dotado con un orzamento de 100.000 euros, 56.552,09 euros da Liña 2 do Plan Concellos da Deputación e 43.447,91 euros de fondos propios. Desde que se abriu o prazo de solicitudes presentáronse 79 peticións pero de eles 69 cumprían coas bases, todos eles dos sectores da hostelería, axencias de viaxe, ximnasios, fotógrafía de voda e similares.
A resolución do programa vai ser aprobada na Xunta de goberno de hoxe e, de seguido, faranse as respectivas tranferencias aos establecementos beneficiarios.
Tanto o REACTIVA MOAÑA como MOAÑA CONSUME LOCAL no que o Concello destinará a mesma cantidade (100.000 €) aos Bonos do Comercio , que se levarán a cabo no mes de outubro, porque así foi pactado coas asociacións de comerciantes, son as respostas do departamento de Promoción Eeconómica que dirixe a edil Coral Ríos para mitigar os efectos adversos na economía das empresas da vila.