Desde esta mañá o Lago de Castiñeiras ten 6.000 troitas tipo salmo trutta máis dentro da súa fauna. Os concelleiros de Marín, Marián Sanmartín e Pablo Novas, xunto ao presidente da comunidade de montes de Santomé, Daniel Rosales, foron os encargados de botalas á auga coa axuda duns cubos e os consellos dos técnicos do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cerdedo-Cotobade en cuxa piscifactoría se criaron os exemplares.
As troitas son parte da fauna autóctona do lago, motivo polo cal esta mesma operación realízase unha vez ao ano para tratar de manter a poboación nesta contorna. O obxectivo é aumentar o atractivo do Lago de Castiñeiras, coidalo e enriquecelo.