O goberno presentando a programación de Nadal.O goberno presentando a programación de Nadal.
  • O contrato para a iluminación do Nadal ainda non se asinou e comezará a instalarse a partir da próxima semana
  • Irase acendendo paulitamente

As luces de Nadal no centro do municipio acenderanse o próximo día 5 pero o ambiente das festas máis máxicas do ano xa chegou ao interior do Concello. O goberno local xa se puxo as serpentinas para presentar a programación que levará a cabo durante o mes de decembro e os primeiros días de xaneiro para darlle a benvida ao novo ano. 37 actividades que se desenvolverán no centro urbano e tamén nas parroquias.

O pistoletazo de saída será o aceso da iluminación coa Escola Municipal de Música na praza do Concello o 5 de decembro ás 18:30 horas. Toda unha tradición xa que, se o tempo acompaña, converterá os xardíns aos pés do consistorio nun lugar de fantasía para as familias. A partir de aí espérannos 21 días de obradoiros para os nenos, actividades culturais para as familias, concertos dos colectivos veciñais e pasacalles. Destacan a Feira do Nadal o domingo 17 onde se ofrecerá chocolate con rosca a prezos populares e haberá un concerto a cargo do grupo Skarajazz ás 19:00 horas.

As badaladas de Fin de Ano adiantaranse ao sábado 30 entre as 11:00 e as 13:00 horas na praza do Concello e, en caso de choiva, ao Espazo Nadal, que estará situado na contorna do palco da música. E pola tarde, desde as 18:00 horas, tocaralle a quenda á música coa Festa para a Mocidade (sen alcol e para nenos ata 17 anos) e a nocturna pre-Fin de Ano a partir das 23:00 horas. Tamén hai prevista festa post badaladas desde a 1:30 horas. En canto á cabalgata dos Reis Magos, a saída será desde o peirao da Mosqueira para percorrer a rúa Concepción Arenal ata a praza do Concello. En caso de mal tempo trasladarase ata o pavillón de Reibón.

Iluminación do Nadal nas parroquias

A iluminación do Nadal nas parroquias atrásase e comezará a instalarse a partir da próxima semana, segundo o concelleiro de Cultura, Xosé Daniel Costas, unha vez asínese o contrato coa empresa que se encargará da súa colocación. Polo momento desde o goberno local non desvelan quen será ata que non se formalice. O seu aceso, explica, será paulatino conforme os operarios vaian colocando os arcos. De momento, o vindeiro martes só pulsarase o botón das luminarias correspondentes ao lote 1, a licitación do lote 2 (correspondente ao rural) quedara deserto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *