Acollendose a reducción da taxa da recollida de lixo na Mancomunidade, o Concello de Cangas traslada á entidade a listaxe das familias en vulnerabilidade económica beneficiarias da bonificación do 100 no recibo deste servizo. Todas elas co informe favorables dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello. Esta redución terá carácter anual.