Tamén haberá dous patróns e catro auxiliais. Todos estarán supervisados por un coordinador que tamén se incorporará dende hoxe

Os 14 socorristas contratados polo Concello de Cangas xa están a traballar en preparar a loxística do dispositivo de salvamento necesario para garantir a seguridade nos areais cangueses. Todos eles cobrarán 1.500 euros netos ao mes, tal e como demandaron os aspirantes na reunión celebrada o pasado mes de xuño nas instalacións municipais. Son 9 menos dos que estaba disposto a contratar para cubrir os principais areais, cinco deles con Bandeira Azul.

O concelleiro de Facenda, Mariano Abalo, recoñece que con estas 14 persoas será imposible cubrir todas as praias pero manifesta a súa intención de poder facelo no «máximo» de areais. En canto aos que teñen concedido o galardón da ADEAC, asegura que o obxectivo é que todos teñan servizo de socorrismo para poder izar as Bandeiras xa que este é un requisito imprescindible para poder mantela.

Xunto aos 14 socorristas tamén asinaron hoxe os contratos dous patróns e 4 auxiliares. A estes sumarase unha persoa que se encarguará da coordinación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *