A alcaldesa e o concelleiro na visita ás instalacións do Centro de Día de Marín en setembro.

O Concello de Marín vén de realizar unha proposta de adxudicación para a compra do mobiliario co que se dotará esta nova infraestrutura de asistencia social e no que se investirán cerca de 100.000 euros por parte do Goberno local. Entre a relación dos artigos a mercar, recóllense sofás, taquillas, mesas, mobles de almacenaxe e de oficina, bancos, estanterías, televisións e outros electrodomésticos dixitais, butacas…

Con isto, séguese avanzando na posta a punto deste espazo para que pronto poida ser utilizado, de xeito público, pola terceira idade da nosa vila. A Casa do Mar, que foi cedida pola Tesourería da Seguridade Social ao Concello con este fin, remodelouse por unha inversión de case 240.000 euros, cofinanciados nalgo máis dun 66% pola Consellería de Política Social, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Con estas obras de acondicionamento, que xa están rematadas, dotouse ao futuro Centro de Día dunha ampla sala de usos múltiples, así como doutras dependencias: un espazo de rehabilitación, outro para o lecer, cociña e lavandería.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *