O concelleiro de Cultura coa organización do Festival.

A Asociación Cultural e Folclórica SOLAINA celebrará o seu festival anual mañá sábado día 3 de setembro no adro da capela dos Milagres de Berducedo-Piñeiro a partir das 19:00 horas.

Esta nova edición, que se celebra despois dos dous anos de paro pola pandemia da Covid-19, recupera o seu formato tradicional no que se amosarán os bailes e a música tradicional que as distintas seccións da agrupación ensaian ao longo do ano.

Ademais da agrupación organizadora, a A.C.F. Solaina, estará acompañada dos grupos convidados para a ocasión que esta nova edición son:

  • Grupo de baile Ruxidera, que vén dende a vila de Mieres en Asturias.
  • Grupo Infantil e Juvenil de Santiago de Gavião, de Vila Nova de Famalicão en Portugal.

A organización do Festival é posible grazas ao intenso traballo dos compoñentes da agrupación, xunto coa colaboración do Concello de Moaña, Comisión de Festas de Berducedo-Piñeiro, Comunidade de Montes de Moaña, e diversas entidades colaboradoras.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *