A Asociación Cultural e Folclórica SOLAINA celebrará o seu festival anual mañá sábado día 3 de setembro no adro da capela dos Milagres de Berducedo-Piñeiro a partir das 19:00 horas.
Esta nova edición, que se celebra despois dos dous anos de paro pola pandemia da Covid-19, recupera o seu formato tradicional no que se amosarán os bailes e a música tradicional que as distintas seccións da agrupación ensaian ao longo do ano.
Ademais da agrupación organizadora, a A.C.F. Solaina, estará acompañada dos grupos convidados para a ocasión que esta nova edición son:
- Grupo de baile Ruxidera, que vén dende a vila de Mieres en Asturias.
- Grupo Infantil e Juvenil de Santiago de Gavião, de Vila Nova de Famalicão en Portugal.
A organización do Festival é posible grazas ao intenso traballo dos compoñentes da agrupación, xunto coa colaboración do Concello de Moaña, Comisión de Festas de Berducedo-Piñeiro, Comunidade de Montes de Moaña, e diversas entidades colaboradoras.