A A.C.F Charaviscas de Domaio organiza esta fin de semana o seu XXIV Festival Folclórico no CEIP da parroquia. Será este sábado ás 21:30 horas e participarán, ademais de Charaviscas, a A.C.F Xamaraina da Guarda, o Rancho Folclórico Albegaria-a-Velha de Portugal e Volta e Dalle.
Doutra banda, este venres 26 ás 21:30 horas emitirase a película «Cruella» dentro do programa Moaña Son de Cine, filme en cuxa proxección colabora a A.C.F. Charaviscas. Terá lugar tamén na contorna do CEIP Domaio.