Félix Juncal, alcalde do Concello de Bueu, acaba de convocar unha Xunta de Voceir@s urxente para abordar o tema do secuestro de Pablo Costas, mariñeiro de Bueu, en Iemen e o estudo das accións a levar a cabo dende o Concello de Bueu.
A reunión será este venres, 20 de agosto, ás 13.00 horas, na Sala de
Xuntas do Concello de Bueu.