Cribado de Bueu.

Cangas, Moaña, Marín sitúanse no nivel medio e Vilaboa no medio-baixo

Continúa mellorando a situación epidemiolóxica en Galicia. Os casos baixan en moitos concellos e tamén nos da comarca do Morrazo, aínda que o que peores datos presenta é o de Bueu cunha incidencia superior a 500 a 14 días e 65 casos activos neste momento. Por iso é polo que o Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na pandemia do Covid-19 mantéñao esta semana no nivel alto.

Todo o contrario que a Marín (101 casos), que o baixa ao medio onde xa se atopaban Moaña (48 casos) e Cangas (80 casos). Vilaboa, pola súa banda, cae ao medio-baixo (10 casos).

Axustes dos aforos nos locais de hostalaría e ocio nocturno

Respecto dos aforos nos establecementos de hostalería e ocio nocturno, o conselleiro de Sanidade precisou que trala decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia “foi necesario realizar axustes”, polo que o Comité Clínico decidíu establecer unhas normas transitorias para seguir protexendo á poboación.

Neste sentido, nos concellos en nivel máximo os establecementos hostaleiros continuarán pechados nos seu interior, cun límite de aforo do 50% do seu exterior; no caso dos concellos en nivel alto establécese o 30% de ocupación no interior e o 75% nas terrazas; no nivel medio fíxase o 50% no interior e o 100% no exterior e, finalmente, nos locais emprazados en concellos con nivel medio baixo de restricións, o aforo fixase no 75% no interior e o 100% nas súas terrazas.

En canto aos locais de ocio nocturno, nos niveis máximo e alto permanecerá pechado o seu interior, permitíndose un aforo do 75% no exterior. Así mesmo, no nivel medio poderase ocupar o 50% da capacidad edos locais no seu interior e o 75% nas terrazas.

Por último, no nivel medio baixo, o interior dos establecementos quedará límitado ao 50%, permitíndose o 100% nos seu exterior.


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *