En Moaña, cando pasaban dez minutos das cinco e media desta madrugada, un particular daba conta dun accidente ao 112 Galicia. Segundo o seu relato, un coche envorcara lateralmente despois de saírse da vía na AG-46, quilómetro 3, á altura de Domaio, dirección Vigo, sen asegurar se había persoas feridas.
Os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Así mesmo, informaron aos Bombeiros do Morrazo, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.
Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron que a persoa estaba semi atrapada, polo que foi preciso o uso de material de excarceración para liberala do interior do vehículo. Os profesionais sanitarios encargáronse da súa evacuación.