Os políticos locais son a diana das cancións desta comparsa que cada ano arrasa no entroido da comarca de O Morrazo
REDACCIÓN Y FOTOS: SERAFÍN VALLADARES. Todos os esperaban e a iso das 13 horas, chegaron e foi o «no va máis». Unha das súas cancións máis polémicas “Todo ao nove vermello” en clara alusión a Xulio Villanueva, único concelleiro de En Marea que forma parte do actual goberno do Bipartito (Bng-En Marea), triunfou no interior da Taberna O Fariña de Bon, en Beluso. Pero Villanueva non foi o único protagonista das súas letras, non se salvou nin o apuntador. O edil de Cultura, Xosé Leal, o ex concelleiro de Obras e Servizos Fidel Castro e ata o mismísimo Alcalde Félix Juncal son diana das canción de festeiras de esta comparsa.
Os Vou nun Bou son un exemplo a seguir do que ten que ser o Entroido. O venres, como todos os anos dende fai varias décadas, participarán no Festival de Comparsas en beneficio do Atlético Club Balonmán Bueu no Centro Social do Mar.
Imáxenes da chegada e da festa esta mañán no interior da taberna.