A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, presentou xunto a Celestino Esperón, presidente da Banda, e Eduardo González, director, a programación deste evento.

A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, presentou xunto a Celestino Esperón, presidente da Banda, e Eduardo González, director, a programación deste evento, que retoma unha tradición histórica da nosa vila

A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, presentou xunto ao presidente da Banda de Música de Marín, Celestino Esperón, e o seu director, Eduardo González o Festival de Bandas de Música de Marín, que terá lugar este sábado 12 de abril ás 18.30 horas na Alameda (ou no Multiusos en caso de que chova) e co que se retoma o tradicional Festival de Primavera que organizaba o primeiro director da banda marinense.

Tal e como explican desde o colectivo musical, este evento que se celebraba anualmente na vila ofrecía á xente de Marín a oportunidade de gozar das interpretacións das melloras bandas e agrupacións musicais da provincia de Pontevedra.

Nesta primeira edición da súa recuperación, a Banda de Música de Marín, que é a anfi trioa, estará acompañada da Unidade Musical de Cabral e da Banda de Música Unión Musical de Tenorio.
A primeira delas naceu en Vigo en 1986 e participou en numerosos festivais e certames, tanto en Galicia como en Portugal e noutras localizacións de España. Recibiu o 1º Premio da III Sección do Certame Galego de Bandas de Música e o 2º Premio no X Certame Galego de Bandas de Música.

No caso da de Tenorio, fundouse en 1985 e dividiuse en dúas formacións que levaron a súa música por Galicia, Portugal e por eventos como as Fallas de Valencia ou a Semana Santa de Zamora. Unha vez reunifi cados foron acadando distintos recoñecementos e gravaron o seu primeiro disco polo seu XXXV aniversario.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *