O spot, peza central da campaña, foi presentado nun acto na punta do Paseo Alcalde Blanco coa presenza da alcaldesa, María Ramallo, a deputada de Turismo, Nava Castro, e o director da Axencia de Turismo de Galicia, Jose Manuel Merelles
Hai Marín para todos os gustos. Se che gusta o monte, se che gusta o río, se che gusta a ría… Se che gusta a xente ou se che gusta estar só. O que aquí soen dicir os que veñen é que, a Marín, o importante non é como chegas, senón como quedas.
Con esa premisa e cun eslogan de esperanza (MARÍN, VENTO EN POPA A TODA VIDA) o Concello de Marín presentou esta tarde nun acto aberto á cidadanía o novo spot co que promocionar turísticamente o territorio e reivindicar o sentido de pertenza a un municipio que quere ser un referente de turismo sostible e respectouso co medio ambiente.
O acto, que estivo dirixido pola actriz marinense Mayka Braña, tivo lugar nun dos mellores escenarios naturais do centro, a punta do Paseo Alcalde Blanco, e nel interviron algúns dos veciños e veciñas que participaron na rodaxe do spot, a cargo da Axencia creativa 100X100. Entre eles, falaron Suso, o mariñeiro estrela que aparece no inicio do vídeo, ou Rosalía e Aysha, dúas nenas que adestran padel surf na praia de Aguete.
O vídeo, que se proxectou no ecuador do evento, busca apelar a ese sentimento de pertenza de quen visita un lugar e sempre queda no corazón, trascendendo a ese destino de vacacións que só queda no recordo e converténdose nun lugar ao que querer volver e no que querer quedarse.


No acto interviñeron tamén a deputada de Turismo da Deputación de Pontevedra, Nava Castro, e o director da Axencia de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles. A alcaldesa, María Ramallo, foi a encargada de pechar o acto, cunha invertención na que quixo poñer en valor o progreso de Marín: “Creo fi rmemente en todo o potencial de Marín. Imos vento en popa, dígovolo de verdade… Vento en popa a toda vida. E ese progreso é o que queremos transmitir, porque vale moito a pena vir coñecernos e experimentar, aínda que sexa con outros ollos, todo o que nós como marinenses vivimos día a día: unha conexión total co noso territorio”, afi rmou a rexedora.
Ramallo lembrou que a execución da campaña, que agora sairá en formato tanto dixital, traballando as redes sociais, como en soportes físicos, foi posible grazas á fi nanciación europea do Plan de Sostibilidade Turística de Marín, que tamén engloba importantísimas actuacións para a vila como a mellora do Vial de Praias desde a Rúa do Forte ata Mogor, a recuperación da antiga dársena portuaria e a urbanización da súa contorna, a mellora de espazos no Lago Castiñeiras ou a renovación do alumeado no Vial de Praias para poñer instalación máis efi ciente.
Ao rematar o acto, entregóuselle á xente presente un agasallo consistente nunhas tote bags de tea coa nova marca turística da vila e cun lote de postais, “coas que vos pedimos que sexades os mellores embaixadores e mandedes a través do buzón un cachiño de Marín”, explicou Ramallo. As postais contan cun QR directo ao spot.
Un