Moitos establecementos da comarca de O Morrazo recuperan clientela ofrecendo música dos anos 80 e 90 no momento do aperitivo

REDACCIÓN E VÍDEO: SERAFÍN VALLADARES. A Sesión vermut: a festa do mediodía, e a maneira que os algúns bares do Morrazo atoparon para conseguir clientela no momento do aperitivo. Hai que lembrar que , era algo habitual na década dos 80 e 90, e que, dende hai uns anos, está a celebrarse nalgúns lugares do Morrazo, un exemplo claro é o “Aturuxo de Bueu ”, un lugar que por norma dedícase aos concertos, pero hai uns anos que fai está sesión e ten un gran éxito.

Esta fin de semana en Vilariño (O Hío), concretamente no » Bar as Marías «, actuaron o dúo flamenco “Tony Delgado y el Primo ”, un grupo de Vigo aínda que o curmán ten as raíces en Bueu, xa que o seu pai é desta localidade .

Cun cheo absoluto interpretaron cancións de Camarón de La Isla, os Chichos, Navajita Plateá, entre outros. Todo un repertorio que fixo pasar un bo intre a todos os presentes. Parece que volven os vellos tempos e é que xa se sabe, como di aquel refrán, “ Os vellos rockeiros nunca morren».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *