O TCA construido na PO-551 entre Bueu e Marín para mellora da seguridade dos condutores e dos peatóns.

A Xunta de Galicia ten activo o Plan de Seguridade Viaria 2022-2025, que foi recoñecido como referencia nacional polo Observatorio de Seguridade Viaria. Este plan está deseñado con «visión cero», é dicir, co obxectivo de reducir ao mínimo posible as vítimas en accidentes e acadar a meta final de cero vítimas.

O Plan está composto por dúas metas estratéxicas, a primeira é diminuír o 25% de número de falecidos e feridos graves nas vías interurbanas e nas travesías; mentres que, a segunda centrase en reducir o 25% dos falecidos e feridos graves en usuarios vulnerables como os peóns, ciclistas ou motoristas.

Coa finalidade de poder acadar estas dúas metas, o Goberno ten en marcha distintas accións específicas como son: a mellora das infraestruturas, a promoción da educación e formación viaria, o bo estado do vehículo ou a priorización da seguridade viaria no lugar de traballo.

Reforzo da seguridade nas estradas

A Xunta segue avanzando na eliminación de tramos de concentración de accidentes y para
isto, dispón dun orzamento de máis de 20M€. De feito, Galicia é a única Comunidade
Autónoma que conseguiu que os fondos europeos FEDER financien este tipo de actuacións.

As intervencións en todos os treitos identificados como de concentración de accidentes
supuxeron o acondicionamento de 119 interseccións, a construción de 24 novas rotondas ou a mellora de 138 pasos de peóns.

A conservación das estradas autonómicas tamén é unha liña de acción fundamental para a Xunta, que desde que en 2016 puxo en marcha o Plan de reforzos de firme, ao que dedica unha media de 20 M€ anuais para avanzar na mellora e conservación das vías da súa titularidade. En seis anos, o Goberno galego investiu máis de 115 M€ para mellorar os firmes das estradas autonómicas, garantindo a súa conservación e reforzando a seguridade viaria e a comodidade nos desprazamentos dos usuarios.

Tamén ten en marcha un programa pioneiro de inspección e xestión de obras de paso, muros e noiros, cun sistema que este ano conta, por primeira vez, con partida específica por importe de 4,1 M€.

Mobilidade segura e sostible

Acada unha mobilidade segura e sostible no entorno das estradas e outro obxectivo principal das intervencións impulsadas pola Xunta no ámbito da seguridade viaria, priorizando a seguridade dos peón e ciclistas.

Ademais, a través dos investimentos dos fondos Next Generation, estanse a impulsar nas contornas das grandes cidades eixes de mobilidade sostible. Na cidade de Ourense vaise a unir a intermodal coa Ponte Vella e completando a senda do Barbaña. En Santiago de Compostela se construirá un gran itinerario peonil e ciclista unindo O Milladoiro coa intermodal, os hospitais e San Caetano; mentres que, Pontevedra conectárase con Marín a través da mellora integral na estrada autonómica PO-546.

A senda peonil no concello de Marín.

Tamén hai que destacar unha novidosa liña de acción que contempla a mellora da seguridade de 1.100 paradas de autobús situadas en estradas autonómicas, a cal ten un orzamento arredor de 35 M€.

Concienciación

A seguridade viaria non é una materia só das Administración públicas, tamén dos cidadáns. Por isto, co obxectivo de promover os hábitos seguros nas estradas, o Goberno galego vén promovendo distintas campañas e iniciativas para sensibilizar da necesidade de evitar distraccións como o móbil na condución; ou de deixar sempre metro e medio de distancia ou respecto aos ciclistas.

Os nenos tamén foron obxecto de actividades divulgativas e de concienciación coa campaña «O corazón está do teu lado», que levou a moitos colexios galegos os hábitos responsables nas estradas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *