Rueda cos concelleiros do grupo municipal de Moaña onte na sede do PP.

Alfonso Rueda mantivo unha reunión de traballo co grupo municipal

O concelleiro Vicente Verdeal Ríos será o novo voceiro do Partido Popular de Moaña, tras a dimisión do presidente local José Fervenza. Así llo trasladou o grupo municipal ao presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, na reunión de traballo que mantiveron onte pola noite na sede local, e na que tamén participaron o secretario xeral, Luis López, e a vicesecretaria do partido, Marta Fernández-Tapias.

Rueda aproveitou o encontro para poñer en valor a traxectoria de José Fervenza ao fronte do Partido Popular de Moaña durante os últimos dezaséis anos, e agradeceu a súa labor e dedicación para defender os intereses dos seus veciños.

Ademais, pediu ao grupo municipal “unidade e moito traballo. Temos por diante 16 meses para recuperar a confianza dos veciños e demostrar que somos a única alternativa para poñer a Moaña na senda do progreso e apostar por proxectos e iniciativas que o concello necesita”.

Nesta liña tamén se pronunciou o novo voceiro local, que agradeceu a confianza unánime dos seus compañeiros. Durante a reunión, tamén acordaron repartir áreas de traballo entre os concelleiros, que se anunciarán nos próximos días, unha vez que Carlota Zabaleta, a persoa que subsituirá a Fervenza na corporación municipal, tome posesión como concelleira no pleno deste xoves.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *