A Xunta Local de Protección Civil tamén avalou o Plan de Acción ante Incendios. Ambos documentos superaron xa a supervisión da Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta
A Xunta Local de Protección Civil de Cangas, organismo previsto na Lei 5/2007 de Emerxencias de Galicia para concellos con máis de 20.000 habitantes e con competencias para elaborar liñas de acción de materia de prevención, reuniuse para analizar os contidos do informe previo para a elaboración inicial do Plan de Emerxencias Municipal (PEMU) e do Plan de Acción Municipal ante os incendios Forestais (PAM Cangas), avanzando nun procedemento iniciado no ano 2019 e que contén un denso traballo de documentación.
Ambos informes previos foron xa supervisados pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta e homologados polos membros da Comisión Técnica de Protección Civil, recibindo hoxe a aprobación da Xunta Local.
Forman parte desta Xunta Local a alcaldesa de Cangas, Victoria Portas e os concelleiros do grupo de goberno Aurora Prieto e Mariano Abalo; as arquitectas municipais María Isabel Medraño e Carmen Gómez; o xefe da Policía Local, Aberto Agulla; o responsable de Protección Civil, Cesáreo Coya; o membro do GEM, Alfonso Lage Pérez; a xefa de Urbanismo, María Rodríguez; o xefe dos Servizos Eléctricos, Alfonso Sestay; do departamento de Servizos Sociais, Estanislao Graña; o sarxento do Parque do Morrazo, Juan J. Mariño; o xefe do Puesto da Guardia Civil, José Carlos Rodríguez; o xefe de Servizo da Xunta de Galicia, Miguel A. Pérez; o presidente da Autoridade Portuaria, José Benito Suárez Costa; o presidente da área portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña e o coordinador, Benigno Villoch.
Entre as competencias desta Xunta Local está a elaboración dun plan de emerxencias municipal ou supramunicipal dacordo cos riscos do municipio; informar sobre os plans de protección civil; supervisar a realización de simulacros; supervisar que se cumplan as medidas de prevención que estableza o plan de emerxencias; promover campañas de información e formación cidadana, ademáis de informar e propor as previsións económicas e de infraestruturas necesarias para desenvolver as súas competencias.