Cristina Acuña acompañou ao representante do club, Guillermo Roca.

O club deportivo organiza un Junior Camp e varios cursos de iniciación para adultos de paddle surf e sup ioga, ademais dunha ruta en kaiak entre Aguete e Mogor e opcións de brunch

A Semana Santa en Marín será moi acuática grazas ao club deportivo Imua, que organiza varias actividades na praia de Aguete. A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, acompañou ao representante do club, Guillermo Roca, na presentación do Imua Junior Camp e o resto de cursos que ofertan para desfrutar destes días de descanso.

No que respecta ao campamento, será do 11 ao 14 de abril, de 10.00 a 14.00 horas, destinado a rapazada de 6 a 18 anos, que terá a oportunidade de gozar dunha actividade multideportiva nas instalacións deportivas do Real Club de Mar Aguete, con paddle surf, kayak e ioga surf, ademais de incluir travesías entre as praias do Concello e cursos de especialización nestas novas modalidades deportivas.

Haberá 12 prazas para este curso, que se irán cubrindo por estrito orde de reserva, no teléfono 625777297 ou na páxina web www.paddlesurfaguete.es. O prazo de inscrición será até o día 9 ou ata acabar as prazas. Ademais, opcionalmente todas as familias que queiran tamén poderán deixar aos rapaces a comer de 14.00 a 15.00 horas no restaurante El Qüenco de Aguete, nas instalacións do propio club.

Curso de iniciación ao SUP IOGA ou curso de iniciación ao Paddle Surf con brunch

Por outra banda, o xoves 14 de abril dende as 11.00 horas tamén haberá actividades para adultos, onde se poderá elixir entre facer un curso de iniciación ao SUP IOGA coa monitora de IOGA e meditación Myriam Viéitez ou un curso de iniciación ao Paddle Surf. Unha vez rematada a actividade deportiva se continuará cun brunch no restaurante El Qüenco de Aguete. As inscricións tamén se realizarán na web e no teléfono do club antes indicados e haberá un máximo de 24 prazas.

Ruta de kaiak entre praias máis curso de iniciación ao SUP IOGA con brunch

Finalmente, o próximo sábado 16 de abril dende as 10.30 horas, ofrecerase unha ruta en kaiak de mar dende a praia de Aguete ata a praia de Mogor, seguido dun curso de iniciación ao SUP IOGA coa monitora de IOGA e meditación Myriam Viéitez e finalizando cun brunch no restaurante El Qüenco de Aguete.

As inscricións funcionarán do mesmo xeito e haberá, neste caso, 12 prazas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *