Un policía local na farola en mal estado.

Unha farola que estaba a piques de caer na rúa Concepción Arenal de Moaña desprazou a Bombeiros e Policía Local esta tarde. Trátase da situada xunto á parada de autobús da contorna da Praza de Abastos, un lugar moi concorrido, en pleno centro do municipio.

Segundo a Policía Local, o farol tiña a base a base moi oxidada e tiña serio risco de vir abaixo. Coa zona acordoada, os Bombeiros lograron retirala para evitar o perigo.

Os Bombeiros esta tarde na rúa Concepción Arenal de Moaña.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí