As concelleiras Itziar Álvarez e Marián Sanmartín presentaron esta mañá
no Concello a Exposición de Labores Pospandemia que organizan a Asociación Bolymar e a Asociación Intercambio do Saber.
Será no Multiusos da Praza de Abastos, do 11 ao 26 de marzo, puidendo visitarse de xoves a sábado, de 11.00 a 13.00 horas.
Esta mostra serve como un exemplo de como unha afición tan estendida entre as usuarias destas asociacións, como son as labores, poden ser unha gran vía de escape e de entretemento en momentos difíciles, coma os que tivemos que pasar durante a época do confinamento.