Representantes do gobierno local de Moaña e directivas de EMMO no Concello no 2021 no nacemento da asociación.

A Asociación de Esclerose Múltiple do Morrazo acorda unha colaboración para realizar unha investigación sobre Esclerose Múltiple (EM) no Morrazo. Con este estudo preténdese coñecer a repercusión que ten esta doenza na área do Morrazo. Deste xeito poderase planificar mellor futuras intervencións e mesmo plantexarse outro tipo de investigacións que permitan mellorar a calidade asistencial. A investigación correrá a cargo de Marta Giráldez Villar, estudante de sexto curso de Medicina, e contará, ademáis, co apoio do investigador e médico Dr. Jorge Cameselle.

Cameselle colabora con EMMO dende o seu nacemento xunto con outras entidades do eido socio sanitario como ADICAM (Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama).

A presentación do proxecto terá lugar o vindeiro venres 18 de marzo ás 5 da tarde na sede de ADICAM, en Cangas do Morrazo. Esta investigación non se centra exclusivamente en persoas asociadas a EMMO, senón que está aberta á participación de todo aquel paciente do Morrazo cun diagnóstico de EM que queira contribuír ao estudo.

A EM é unha enfermidade crónica, autoinmune e dexenerativa do Sistema Nervioso Central. É a segunda causa de discapacidade en adultos mozos e afecta principalmente ás mulleres. Galicia é Comunidade Autónoma coa prevalencia máis alta de Esclerosis Múltiple de España, afecta a 47.000 persoas en España, 700.000 persoas en Europa e a 2,5 millóns de persoas en todo o mundo. Diagnostícanse 1.800 novos casos en España, dos cales, o 70% corresponden a persoas con idades comprendidas entre os 20 e 40 anos. Descoñécense as causas da EM e a día de hoxe non existe unha cura.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *