Unha cinta de precinto e unha escaleira de aluminio. Ese é o escenario que mostra a foto do `Parque do Barco´ un día despois da súa inauguración. Fai saltar as alarmas na oposición. O líder de Coalición Independente por Moaña (XM), Javier Carro, recollía a instantánea para criticar «xa non soamente aos políticos gobernantes de Moaña senón unha vez máis aos nosos propios técnicos que recibiron a obra» por non comprobar se as instalacións estaban en condicións de ser usadas polos nenos. «Dúas horas máis tarde da apertura xa se clausuraron tres atraccións por distintos motivos de roturas», denunciaba hoxe Carro.
Rápidamente, desde Morrazo Noticias quixemos saber o porqué deste `precinto exprés´ e preguntamos ao goberno local, quen explicou que durante a tarde de onte trasladaron á empresa construtora, que tamén debe de realizar un mantemento diario das instaladores, pequenas deficiencias detectadas nos manguitos e esta mesma mañá xa acudiron a reparalas. Momento no que foi tomada a fotografía e motivo polo que tamén aparece unha escaleira de traballo. Cuestións que quedaron liquidadas a última hora da mañá, dixeron dende o Concello, pero que na oposición tiveron repercusión.