Imaxe da vertedura esta tarde. FOTO: MOAÑA ENTEIRA

Unha vertedura, en principio de orixe industrial, entre a ponte de Rande e a parroquia de Domaio, na zona das bateas, puxo en xaque aos servizos de emerxencias esta tarde. Era visible desde terra pola súa cor marrón e aspecto desagradable sobre a auga. Tras recibir numerosos os avisos, os servizos de emerxencias de Gardacostas e Salvamar Mirach trasladáronse á zona xunto ao buque Pelícano facilitado polo Porto de Vigo e dedicado a estes labores de limpeza no mar.

Segundo puido saber Morrazo Noticias, a vertedura provén dunha empresa da contorna aínda que, todo parece indicar, non se trata dunha substancia contaminante. As tarefas de limpeza prolongáronse ata case a noite para evitar que a substancia se esparexese máis pola Ría

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *