REDACCIÓN: SERAFÍN VALLADARES. Así saíu onte da UCI Moises Costas Novas despois de estar case un mes na UCI de Povisa afectado co coronavirus. Toda unha alegría, non só para os familiares, senón tamén para todo o equipo de profesionais que o atendeu durante a súa estancia no hospital e así o demostraron co aplauso que lle deron á súa saída de coidados intensivos.

Moises é moi coñecido en toda a comarca do Morrazo, xa que se dedica a repartir chuches e todo tipo de cousas para picar en bares e quioscos de da zona. É un gran afeccionado ao balonmán e socio do  “Frigoríficos do Morrazo ”.

Desde aquí desexámoslle unha pronto recuperación para que volva pronto á súa casa en Cangas, onde vive actualmente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *