Un policía local de Moaña que se atopaba onte á noite nas festas de Samertolameu fóra de servizo tivo que intervir para separar a dúas mulleres que se atopaban pelexándose no recinto. Ata o lugar desprazáronse dúas patrullas da Policía Local que tiveron que utilizar a forza para separalas.
No lugar aglutinouse Unha gran cantidade de persoas que non daban crédito do espectáculo.