Salvamento informa de que os 11 tripulantes atópanse en bo estado ao ser rescatados polo barco Armaven Uno
O pesqueiro marinense «Piedras», da armadora Noray Pesca, sufriu unha vía de auga mentres faenaba no Gran Sol que, segundo fontes oficiais, podería ser imparable e que abocaría ao afundimento do barco. Polo momento a Autoridade Portuaria de Marín só confirma o suceso pero polo momento non teñen máis información nin detallan se a bordo do buque ían veciños da comarca. Tiña 11 tripulantes. Tampouco a Xunta ten datos ao respeto e remítese ás informacións de Salvamento Marítimo. A alarma saltou ás 10.16 horas e polo momento non está afundido totalmente.
Salvamento Marítimo asegura que o barco atópase a 64 millas ao sureste de Cabo Mizen, en Irlanda e que a tripulación foi rescatada polo pesqueiro Armaven Uno, de bandeira británica, e está en bo estado.
Xunta, Autoridade Portuaria e Concello de Marín, a través da súa alcaldesa, María Ramallo, están en contacto permanente coa armadora para coñecer al novidades que se vaian producindo.