Todos os que queiran un terán que reservalo chamando ao teléfono do Concello ou no email de Alcaldía
A compostaxe individual está a ser unha iniciativa medio ambiental con moi boa resposta na nosa vila. Por iso, a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, informou hai unhas semanas de que se repartirán 100 novos composteiros entre a veciñanza da man de Sogama.
O reparto destes elementos será o 15 de xuño ás 20.00 horas na Casa de Cultura
de San Xulián. Ademais dos compoteiros, repartiranse uns pequenos cubos domésticos para poder ter na cociña e nos que depositar os restos orgánicos que despois acabarán na compostaxe.
Sanmartín lembra que, aínda que xa hai listaxe para o reparto, aínda quedan composteiros dispoñibles. Toda a veciñanza que estea interesada en reservar un composteiro poderá facelo escribindo un email a alcaldia@concellodemarin.es ou chamando ao 986 88 03 00.