Un moañés, con identificación X. C. R. B. de 45 anos, enfrentase a varias denuncias polo seu comportamento na mañá do pasado domingo. Segundo a Policía Local, ás 11:30 horas da mañá unha chamada alertou de que na cafetería Champions, situada na Xunqueira, había moita xente borracha. Unha patrulla desprazouse ata o lugar e procedeu a identificar as persoas implicadas na pelexa. Nese momento, un dos implicados portaba unha bara de madeira e dedicouse a retar aos policías «tendo comportamentos estranos» de euforia, alegría e agresividade. Ata o lugar desprazouse tamén unha patrulla da Garda Civil de Moaña.
Os axentes denunciárono por obstrucción á Policía no exercicio das funcións, por portar armas na vía pública, desobediencia á autoridade, faltas de respecto e consideración a axentes da autoridade e denuncia de tráfico por cruzar a vía pública fose dos pasos de peóns debidamente sinalizados.
Ademáis, se pública as gravacions que fixo aos policías tamen será sancionado.